publicidade hoxe

Ins3rtega fai entrega de 180 kg de produtos alimenticios non perecedoiros ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O pasado domingo 31 de agosto celebrouse o mercado “Feira da Reciclaxe” no Burgo, que organizou Ins3rtega  en colaboración co propio Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA).

Un dos fins desta feira é a solidariedade. Por esta razón acolleu a varios proxectos sociais e solidarios, dándolles a oportunidade de darse a coñecer e recadar fondos mediante a venda de artesanía e segunda man, para financiar as súas actividades e seguir adiante cos seus proxectos.

Ademais recolléronse alimentos durante toda a xornada e as persoas que montaron un posto como particulares tamén contribuíron a esta causa. Por outra banda, Ins3rtega doou en alimentos o 10% das taxas dos postos dos profesionais que tamén participaron neste mercado.
Finalmente a doazón total foi de case 200 Kg, que Servizos Sociais de Culleredo encargarase de repartir entre as familias do concello.

Ins3rtega quere seguir potenciando o consumo responsable nas feiras que organice, dando relevancia aos conceptos de Reducir, Reutilizar e Reciclar (3R) e levando algo de solidariedade a este tipo de eventos.

11 de setembro de 2014 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.