publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Impulso aos oficios tradicionais na Feira de Artesanía e Etnografía do Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLugoO Incio
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo; a de Deseño e Artesanía, Regina Polín; e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, presentaron este mércores a VI Feira de Artesanía e Etnografía, que acollerá a Praza da Cruz da localidade, o vindeiro domingo, 7 de setembro. O organismo provincial colabora co Concello na celebración desta cita cunha achega económica de 3.000 euros. Está é unha das máis de 50 actividades que teñen lugar nuns 40 Concellos lugueses que contan co financiamento da Deputación, grazas ós 3,6 millóns de euros do Plan Estratéxico de Subvencións, dirixido a potenciar os principais sectores produtivos da provincia: agricultura, gandeiría, pesca, comercio, turismo ou artesanía.

López Izquierdo destacou que a institución luguesa contribúe á celebración desta cita, posto que “se enmarca dentro da nosa aposta polo impulso dos oficios artesanais como sinais de identidade e atractivo da provincia que xeran riqueza. Nas pasadas convocatorias reuníronse nesta vila luguesa centos de visitantes, oportunidade que non podemos deixar escapar para potenciar un sector punteiro e un nicho de emprego que xera postos de traballo e fixa poboación no rural”.

O Centro de Artesanía e Deseño tamén contribúa ó evento coa presenza de dous artesáns -un oleiro e un torneiro-, “dentro do noso impulso de pór en valor a artesanía típica da provincia e de achegar a artesanía tradicional a todos os lucenses”, destacou Polín.

Pola súa banda, Celeiro agradeceu a colaboración continua, necesaria e imprescindible da Deputación e do CENTRAD, ó tempo que convidaba a coñecer as Terras do Incio o vindeiro domingo, 7 de setembro.

Programación de actividades

A sexta edición desta feira terá como protagonista os oficios tradicionais, tras renderlle homenaxe na primeira convocatoria no 2009 ó pan e logo de dedicarlle unha xornada ó liño e á lá -2010- e outra ó ferro -2011-. A pedra, a madeira e a cestaría foron os produtos estrelas nas anteriores dúas edicións desta Feira.

Obradoiros e demostracións en vivo de olería, torno, pedra, encaixe, cestaría e alfarería, entre outros, serán as actividades estrela desta xornada onde se darán cita uns 85 artesáns, 25 máis que o pasado ano, a maioría da provincia luguesa. Xunto ós postos artesáns tamén terán un oco os dedicados ós produtos autóctonos, nos que os asistentes poderán degustar produtos típicos da zona.

A programación da feira tamén inclúe unha exposición do pintor inciano Eladio Rodríguez Pombo, cuxas obras renden homenaxe a este Concello lugués; unha de encaixe de camariñas e outra sobre unha casa antiga. O programa complétase con pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional do municipio Arandela; teatro; a actuación do Mago Mauro; unha festa infantil de xogos; unha exhibición de baile, e a actuación do recanteiro do Luar desta zona.

3 de setembro de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.