publicidade hoxe

Gran exito de participación no II Raid de Aventura celebrado en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúafoi a pasada fin de semana o punto de encontro das ducias de persoas que participaron no II Raid de Aventura que se celebrounalocalidade e que é puntuable para para a Liga Galega de Raids de Aventura.

Un total de 40 equipos procedentes de todo o país achegaronse ata o concello para participar nunha proba que,ademais de medir as súas capacidades físicas e deportivas,llespermitiu desfrutar dunhapaisaxe incomparable.

A Concelleira de Deportes de Arzúa, Pilar Castro, foi a encargada de dar a saída da proba, dividida en dúas categorías: élite e aventura. Naprimeira delas participaron un total de 15 equipos, con tres corredores en carreira en cada un deles; na segunda das categorías participaron 25, con dous corredores e un asistente.

A organización preparoulles un percorrido de 99 kms e 2020 metros de desnivel positivo, repartidos en 5 seccións: orientación urbana, bicicleta de montaña, trekking, piragua e rapel.

Os corredores desplazáronse por gran parte dos montes, pistas, aldeas e ríos do concello, así como polo encoro de Portodemouros, onde estaba a sección de piragua e a fervenza das Hortas, lugar no que a organización llespreparou un fermoso rapel para os raiders.

Na categoría Élite resultougañador o equipo Team Sport HG que realizou o percorrido en seis horas, trinta minutos e oito segundos. Cómpresalientar a gran remontada do campión, despoisdunha lectura errónea do mapa na segunda sección, entrando naterceira con máis de 20 minutos de retraso con respeto aosoutros favoritos. Sen embargo, foron capaces de repoñerse no trekking, recortando gran parte deste tempo perdido e facendounha última sección (btt) impecable. En segundo lugar quedou o equipo AdventureAddictscun tempo de seis horas, corenta e catro minutos e vinte segundos; terceirofoi o Gallaecia Desarrolla con seis horas, corenta e oito minutos e catorce segundos.

Na categoría Aventura resultougañador o Montaña Ferrol Frouxeríacun tempo de seis horas, cincuenta e un minutos e cinco segundos. O gañador estivo á par durante todo o raid co segundo clasificado, o Aromon Vengadores, alternándose nos primeirospostos.

A organización salientoudesta edición a elevada participación dos equipos mixtos, que nesta ocasión foron un total de 21 equipos, o que representa un récord na liga galega de raids de aventura.

O II Raid Destino Verde contou coa axuda e colaboración económica do Concello de Arzúa.

30 de setembro de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.