publicidade hoxe

Finalizan as obras de abastecemento, acondicionamento e mellora de accesos na Bertonia, Castaxúa e O Campo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober vén de certificar o remate das obras de abastecemento desde a rede municipal de augas, acondicionamento e mellora de accesos a A Bertonia, Castaxúa e O Campo.

Os traballos forman parte do POS de 2013 e contaron cun orzamento de 30.800 euros, financiados a partes iguais polo Goberno local de Sober e a Deputación provincial.

A actuación permitiu darlle servizo de auga a dez vivendas e instalar bocas de incendios nos tres lugares. A canalizacion queda tamén preparada para dar servizo a outras aldeas próximas.

Os traballos completáronse coa mellora integral do camiño de acceso A Bertonia, Castaxúa e O Campo. A empresa encargada de realizar as obras foi a firma local Excavaciones Javier.

18 de setembro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.