publicidade hoxe

Finaliza a rehabilitación dos pendellos de Cadeiras que estarán listos para a romaría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober ultima o remate dos traballos de rehabilitación dos pendellos de Cadeiras para que estean dispoñibles para a Romaría que se celebra os días 7, 8 e 9 de setembro. Hoxe mesmo colocarase a cuberta con tella tradicional, o último paso para rematar a obra.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, subliña que o equipo de Goberno cumpre así co seu compromiso “de ter completamente a punto os pendellos para o día grande dos festexos na honra á Virxe de Cadeiras”.

Os pendellos tiveron que ser rehabilitados logo de que o pasado o inverno un temporal de chuvia e vento derrubara un piñeiro de grandes dimensións que acabou tirando parte do palco e dos pendellos tradicionais do entorno do santuario.

Axuda da Xunta

Os traballos foron levados a cabo con fondos propios do Concello de Sober e seguindo a súa estrutura tradicional orixinal. A actuación foi desenvolta por dous obreiros perceptores de RISGA grazas a unha subvención da Consellería de Traballo. Nos sete meses que dura o seu contrato tamén farán obras nos edificios anexos ás piscinas municipais e diversas obras de mantemento na Casa da Cultura, entre outras actuacións.

3 de setembro de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.