publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado na Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado onte no municipio ourensán da Mezquita, na parroquia de Cádavos.

O lume iniciouse ás 00:47 horas desta madrugada e quedou extinguido ás 15:36 horas desta tarde. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de 32 hectáreas rasas, todas elas situadas en Rede Natura. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 3 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

2 de setembro de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.