publicidade hoxe

Educación lembra ao CPI Suárez Marqués do Rosal que o profesorado co que conta é o preciso para as necesidades do centro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Rosal
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, diante da convocatoria de peche feita pública hoxe polo CPI Suárez Marqués do Rosal, lémbralle á comunidade educativa que o centro conta co plantel de profesorado preciso para atender as necesidades do centro. Neste sentido, cómpre sinalar que o docente de educación física co que conta nestes momentos o centro está a impartir 20 horas lectivas, cando por decreto pode impartir ata 25 horas. “Así as cousas- aclarou o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra- a reclamación dun segundo profesor de educación física que está a facer o CPI do Rosal non ten ningún sentido”.

Pérez Ares explicou ademais que o centro, que ten 10 unidades de educación primaria, conta con ratios moi baixas. “De feito, só ten unha aula de 1º curso, con 17 alumnos, e outra de 2º curso, con 19 escolares”, dixo. A este respecto o xefe territorial engadiu que este CPI ten perdido alumnado nos últimos anos, o que fai necesario adaptar o número de docentes ás necesidades reais do alumnado.

10 de setembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.