publicidade hoxe

Educación investiu preto de 193.500 euros na mellora das instalacións e programas educativos do CPI Plurilingüe de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+
Xesús Vázquez na visita ao CPI Plurilingüe de Vedra

Xesús Vázquez na visita ao CPI Plurilingüe de Vedra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá o CPI Plurilingüe de Vedra, onde este verán se instalaron novas aulas, dando resposta ás demandas da comunidade escolar. Deste xeito, o investimento do departamento educativo da Xunta de Galicia no centro desde 2009 ascende a preto de 193.500 euros, destinados tanto a obras como á implantación de programas educativos novidosos. Neste sentido, ademais de ser plurilingüe desde o curso 2011/2012, o centro conta con 7 aulas Abalar e a súa biblioteca escolar participa activamente en diferentes actividades para o fomento da lectura.

Durante a súa visita de hoxe, na que estivo acompañado polo director do centro, José Viaño, o conselleiro tivo a oportunidade de visitar os 2 módulos instalados, procedentes do centro de Ventín, e dotados con calefacción e todo o equipamento preciso para que se impartan neles clases con total normalidade. Neste centro téñense realizado ademais en anos anteriores obras para a mellora da cuberta, así como a reforma de parte do pavimento, entre outras obras.

12 de setembro de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.