publicidade hoxe

Diego Calvo visita a base do GES de Curtis e gaba os bos resultados dos servizos intermunicipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCurtisLocal Portada
A-
A+
Diego Calvo na visita ao GES de Curtis

Diego Calvo na visita ao GES de Curtis

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá as instalacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Curtis, construído coa axuda da institución provincial e que leva en funcionamento desde o mes de agosto do ano 2013.

Durante o recorrido pola base, situada no recinto feiral, Calvo gabou os “bos resultados” que ofrecen os servizos compartidos entre concellos, como é o caso deste equipo no que 12 efectivos atenden as urxencias dos municipios de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Aranga e Curtis. En total, 675 km cadrados e 18.000 habitantes.

“Desde a Deputación da Coruña insistimos en que o camiño a seguir é o camiño da colaboración e a cooperación porque só así podemos ofrecer un mellor, máis eficiente e eficaz servizo público aos nosos veciños”, confirmou Calvo, que lembrou que “a institución provincial estará sempre aí para apoiar os proxectos mancomunados entre concellos”.

O GES de Curtis, que dende a súa posta en marcha realizou 333 intervencións na súa área de influencia, conta cunha subvención anual tanto da Xunta como da Deputación da Coruña para cubrir os gastos de personal.

Neste senso, Diego Calvo apuntou que “o novo mapa dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, sete en total na provincial, dan a cobertura necesaria a todos os veciños”.

11 de setembro de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.