publicidade hoxe

Cores Tourís comproba as melloras da instalación eléctrica do CEIP Antonio Carpintero en Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboPontevedra
A-
A+
Cores Tourís en Arbo

Cores Tourís en Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Arbo para analizar co alcalde do municipio, Horacio Gil, as obras de mellora da instalación eléctrica que se están a realizar no CEIP Antonio Carpintero.

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde analizaron as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

Os traballos consisten na reforma da instalación eléctrica do centro, debido a que esta presentaba grandes deficiencias. Deste xeito, procedeuse a executar a mellora e modificación de contadores, luces de emerxencia así como a revisión de tódolos cadros eléctricos.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventas e a reforma da calefacción, “esta última contando cun investimento de máis de 27.000 euros”, segundo explicou o delegado territorial.

Cores Tourís destacou que nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero.

A Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo no presente ano na mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e máis de 800.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns trescentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís. Isto unido a colaboración por parte dos concellos, fai que a cifra ascenda aos tres millóns de euros.

1 de setembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.