publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Cádavos en A Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado esta madrugada no municipio ourensán de A Mezquita, na parroquia de Cádavos.

O lume iniciouse ás 00:47 horas desta madrugada e quedou controlado ás 07:30 desta mañá. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio levan participado 1 axente forestal, 8 brigadas, 3 motobombas e 1 pá.A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

2 de setembro de 2014 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.