publicidade hoxe

Comezan as obras de reforma e urbanización da contorna da casa consistorial de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar as obras de reforma e urbanización da contorna da Casa Consistorial e da Casa da Cultura. O equipo de goberno considera que se trata dunha obra “moi necesaria” atendendo ao mal estado no que se atopan as inmediacións de ambos os edificios públicos que aglutinan a maior parte dos servizos municipais, entre os que está o propio Concello, a biblioteca, o xulgado, ou escola de música, entre outros.

As obras van ser acometidas na súa totalidade pola empresa local Construcciones Gilberto. O orzamento para levalas a cabo é de 50.000 euros que asume ao 80% a Consellería de Presidencia da Xunta. A parte restante, correspóndelle pagala ao Concello de Sober.

O proxecto ten como obxectivo a creación dun espazo e un ambiente peonil que favoreza os movementos cotiás entre as distintas dotacións que forman o conxunto (Concello, Centro Sociocultural, Biblioteca, Rexistro Civil, etc). A obra comprende un espazo de 547 metros cadrados. Entre as actuacións a desenvolver atópase o cambio do pavimento por adoquín cerámico.

16 de setembro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.