Comeza o prazo de inscrición nas actividades deportivas de Vedra
Dende hoxe 15 ata o 30 de setembro podes inscribirte nas actividades deportivas do Concello de Vedra.
XIMNASIO MUNICIPAL:
Abre as súas portas en outubro estreando novas instalacións. Outubro será “mes de portas abertas” – gratuíto para todas as persoas preinscritas. Podes realizar a túa preinscrición no blog: vedraconecta.blogspot.com.es, no teléfono 981 502 090 ou no pavillón municipal de Vedra das 19 a 23 h de xeito presencial
PRAZO: Do 15 ao 26 de setembro.