publicidade hoxe

Centos de cativos participaron na Festa da Auga en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Festa da auga en Frades

Festa da auga en Frades

Centos de nenos e nenas de Frades participaron na Festa da Auga do Concello de Frades, celebrada este domingo na piscina municipal de Papucín. Os rapaces e rapazas gozaron durante toda a tarde cun tobogán acuático e cun inchable na propia piscina municipal, mentres que os máis meniños tiveron tamén á súa disposición unha pequena piscina.

A xornada rematou cunha gran festa da escuma, unha das actividades máis valoradas polos nenos e nenas de Frades. De feito, a avaría da máquina de escuma durante a Festa do Neno celebrada a principios de xullo motivou a convocatoria desta Festa da Auga. Unha festa inicialmente convocada para o pasado 10 de agosto pero que tivo que ser aprazada pola chuvia ata o pasado domingo 31 de agosto.

A piscina municipal de Papucín pechará as súas portas este venres 5 de setembro, dando así por rematada a temporada de verán na que os veciños e veciñas de Frades puideron disfrutar destas instalacións de xeito totalmente de balde.

2 de setembro de 2014 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.