publicidade hoxe

Carlos Rivera e Pedro Vieites gañan o VI Campionato de Pádel de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Carlos Rivera e Pedro Vieites proclamáronse campión da sexta edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Papucín e no que participaron 8 parellas de xogadores. Rivera e Vieites venceron na gran final a Javier Méndez e Jandro despois dun disputado partido co resultado final de 4-6, 7-5 e 3-6. Ambas parellas recibiron os seus correspondentes trofeos.

O torneo disputouse baixo o sistema de liguiña a un set, pasando á seguinte fase os catro mellores. Na primeira semifinal, Javier Méndez e Jandro venceron por 6-1 e 9-7 á parella formada por Inés e José Ramón. Na segunda semifinal, os campións derrotaron a Pablo e Alberto por 6-2 e 8-6.

 

8 de setembro de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.