publicidade hoxe

Autorízanse as obras de rehabilitación dun local para albergue de peregrinos no lugar de Roxica no concello de Friol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal PortadaLugo
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de enviar ao Concello de Friol a resolución pola que se traslada a autorización da Comunidade Autónoma para a execución dunha obras de rehabilitación dun local para destinalo a albergue de peregrinos, no lugar de Roxica, na parroquia de Nodar.

A solicitude remitida polo Concello de Friol, por iniciativa dun particular, proxectase a rehabilitación dunha construción en planta baixa, dedicada a sala de muxido e de tanque, corte para becerros e corte de apoio (edificio principal), así como dunha das edificacións auxiliares anexas, dedicadas a almacén e palleira e unha vivenda de dúas plantas dedicada a cortes e almacén (casa vella).A finalidade é rehabilitar ditas edificacións para destinalas a albergue de peregrinos, co gallo de aproveitar a proximidade do Camiño Norte de Santiago.

A parcela na que se ubican estas edificacións ten unha superficie de 37.145 m2 está clasificada no planeamento vixente como solo rústico. Tal e como se indica na resolución, o artigo 40 da Lei do Solo (LOUG) referido ás edificacións existentes de carácter tradicional ou de singular valor arquitectónico, o uso turístico de albergue e maila rehabilitación pretendida resultan admisibles neste tipo de solo.

Tamén se indica que esta autorización queda restrinxida á rehabilitación das edificacións tradicionais ou de singular valor arquitectónico destinadas a albergue segundo se describe no proxecto técnico, e que se prohiben as demolicións das construcións con especial valor arquitectónico, histórico ou etnográfico.

Por último, indicase que no caso de que, para a obtención da licenza municipal ou das respectivas autorizacións ou informes perceptivos, sexa modificada calquera das características fundamentais autorizadas, será preciso solicitar unha nova resolución de autorización en solo rústico, previamente á licenza municipal.

6 de setembro de 2014 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.