publicidade hoxe

Asier Etxeandía encabeza o reparto do musical “El intérprete” que se sube ao escenario do Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza o vindeiro sábado, día 4 de outubro, o musical para adultos “El intérprete” no Teatro Jofre. A función dará comezo ás 20:30 horas e as persoas interesadas en asistir poderán adquirir a súa entrada no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

“El intérprete” é un concerto fora do convencional e o correcto que está encabezado polo actor, cantante e intérprete Asier Etxeandía. A súa base son versións clásicas e temas orixinais elixidos para crear un guión, un viaxe emocional, e un auténtico show. Unha proposta escénica, que pretende converterse nunha oportunidade única para xerar algo novo, fresco e renovado. Iniciamos un camiño de investigación musical e teatral para atopar ese lugar a medio camiño entre a música e a interpretación, entre o cabaret e a performance.

Un espectáculo con e para o público, cun plantexamento claro: desinhibición e desenfado. Unha noite ao servizo do espectador onde todo é posible: bailar, rir, chorar, tal vez soñar… En definitiva, un viaxe musical a través daquelas cancións e intérpretes dramáticos e solitarios que forman parte das nosa vidas hoxe, e das de moitos outros antes que nós. Kurt Weill, Héctor Lavoe, Lucho Gatica, Chavela Vargas, La Lupe, Gardel, Talking Heads, David Bowie, Rolling Stones…

30 de setembro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.