publicidade hoxe

Arzúa tramita a solicitude para declarar de interese turístico nacional á Festa do Queixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaLocal Portada
A-
A+

A cita anual máis significativa da vila, a Festa do Queixo, que se celebra ininterrompidamente desde 1976, cumprirá en marzo de 2015 o seu 40ª aniversario. Antes da súa celebración, acorporación municipalde Arzúa levará ao próximo pleno, o próximo día 9de setembro, a proposta de solicitar para o evento a declaraciónde Fiesta de Interese Turístico Nacional.

En que consistea declaración

É un título de carácter honorífico que se outorga oficialmente desde 1979 a aquelas festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, poñendo especial consideración nas características etnolóxicas, e na importancia da localidade como atractivo turístico.

Que aspectos se valoran

Segundo indica o B.O.E. (ORDEN ITC/1763/2006, de 3 de mayo), para a concesión desta declaración téñense especialmente en conta os seguintes aspectos:

– A antigüidade da celebración do evento

– A continuidade no tempo (dunha celebración a outra non deben transcorrer máis de cinco anos).

– O arraigo na localidade, que implica a participación cidadá no desenvolvemento da festa. Para avaliar este aspecto, considérase a existencia de asociacións e outras agrupacións. Verificarase mediante estatutos e outros documentos acreditativos da súa constitución e funcionamento, dos que se aportará copia compulsada.

– A orixinalidade e diversidade dos actos que se realicen.

Que documentación deberemos presentar

Debemos achegar unha solicitude e unha MEMORIA EXPLICATIVA que exprese, como mínimo:

– A orixe, antigüidade e raigame tradicional da manifestación de que se trate e o seu valor cultural, significación e alcance como atractivo turístico.

– A data de celebración e descrición dos actos

– A existencia na vilae na área xeográfica inmediata (a non máis de 50 km), do equipamentoaxeitado de aloxamentos e servizos turísticos paraa recepción de visitantes. Haberán de terse en conta especialmente os accesos e a sinalización da vila.

– A realización polas entidades organizadoras de accións promocionais suficientes para a atracción de correntes turísticas. Como documentación xustificativa desa promoción é necesario presentar un mínimo devinte actuacións promocionais en medios de prensa escrita (xornais, revistas, etc.), radios e televisión de difusión estatal o nun o varios países estranxeiros

A solicitude e a memoria explicativa deberán ir acompañadas do Acordo do Pleno do Concello e do posterior Informe da Comunidade Autónoma.

Outros requirimentos esixidos

– Estar declaradaFiesta de Interés Turístico Regional por parte da Comunidade Autónoma e telo sido, cando menos, durante os cinco anos inmediatamente anteriores.

– Coidar especialmente acontorna urbana, monumental e paisaxística del lugar de celebración, e a tal efecto deberán aportarse os correspondentes permisos e informes das actuacións encamiñadas ao seu cumprimento.

– O texto menciona tamén que serándesestimadas aquelas solicitudes referidas a festas nos que directa ou indirectamente se maltraten animais o persoas.

O proceso

Asolicitude e a memoria explicativa xa están listas.O concello encargou a elaboración destes documentosaRamón Roldán, a persoa responsable da coordinación e comunicación da festa desde a 35ª edición. Nestamemoria explicativa descríbeseo evento polo miúdonun total de 247 folios con extensainformación sobre a festa, a feira, o queixo, os expositores, o festival, o programa de actividades…

A memoria está desenvolvida a partires doesquemasuxerido no B.O.E.Ademais incorpora varios anexos con máis de 60 noticias e actuacións promocionais a nivel estatal, eun histórico de noticias en prensada Festa do Queixo desde 1977.Dedica un apartado específico á vila e a comarca, que fai especial fincapé nas potencialidades turísticas, destacando, por exemplo, que Arzúa é o municipio galego con maior número de casas rurais, ou o paso pola vila do Camiño de Santiago. Finalmente, contén outros apartados conrecompilacións de cartelería, fotos, elementos corporativos, estatutos,etc, e outros datos de interesedo evento, como o rexistro da marca ‘Festa do Queixo’a nome do concellona Ofic. Española de Patentes y Marcas, accións de comunicación como a recente campaña ‘queixeamos’, enquisas a expositores, estatísticas do web festadoqueixo.org, ou o seguimento e repercusión nas redes sociais.

Os prazos

O pleno municipal celebrarase en Arzúa o próximomartes 9 de setembro.Tal como esixen os requirimentos para esta concesión, a presentación de solicitudes faise ante os organismos turísticos competentes das Comunidades Autónomas, que enviarán o expediente á Subdirección General de Calidad e Innovación Turísticas, da Secretaría General de Turismo.

Así, unha vez aprobada esta solicitude en pleno,enviarase a documentación desde Arzúaá Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, quen a remitirá xunto co seu informe ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo.

O prazo máximo para a resolución do expediente é detres meses, a contar desde a data derecepción da solicitude pola Subdirección General de Calidad e Innovación Turísticas, da Secretaría General de Turismo.Esta Subdirección -agora SubdirecciónGeneral de Cooperación y Competividad Turística-, tras a tramitación do expediente, elevará proposta razoada sobre a procedencia ou non de acceder á declaración solicitada.As declaracións outorgaranse por Resolución da Secretaría General de Turismo, que se publicará no Boletín Oficial do Estado.

Todos e todas coa festa

A Festa do Queixo de Arzúa está recoñecida Festa de Interese Turístico Galego desde 1999. Na fin de semana do evento pasan pola vila máis de 30.000 persoas. Arzúa é o municipio de Galicia con maior número de casas rurais. O queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa é o segundo máis vendido en España (dato 2013).

Confiamos na óptima resolución para que a nosa significativa e querida Festa do Queixo sexapronto, se cabe, un poucomáis grande. Estamos convencidos de que isto suporá, un valor engadidoaínda maior para Arzúa, para a comarca, para a provincia e para Galicia enteira!

Non queremos rematar esta información sen agradecera todas as persoas que fixeron, e fan posible, que esteamos en disposición de solicitar este recoñecemento. Desde aqueles mozos fundadores, anaturalmente, os queixeiros e queixeiras que producen para nós e para o mundo un produto de tan alta calidade.

4 de setembro de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.