publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arbo acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Descenso e Slalom

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboDeportes
A-
A+

O Campionato Galego de Descenso e Slalom disputarase o próximo fin de semana en Arbo coa presenza de 140 padexeiros, entre eles o mundialista Luís Fernández. A última proba da tempada nestas especialidades, conta con numerosos alicientes, xa que en xogo estará o título autonómico e tamén o da liga galega de ambas as categorías.

Luís Fernández, do Penedo, foi un dos deportistas autonómicos máis destacados na actual campaña. Os seus bos resultados, tanto en probas nacionais como internacionais, levárono a estar concentrado no Centro de Alto Rendemento da Seo de Urgell e tamén a participar no Mundial de Australia.

Tanto no descenso como no slalom, o calendario autonómico foi intenso, o que provocou tamén un alto interese por parte dos deportistas. Ao final da campaña quedarán establecidas as clasificacións por clubs e tamén individuais das ligas galegas.

O Campionato Galego de descenso e slalom disputarase co apoio do Concello de Arbo, que desde hai varios meses colabora neste tipo de eventos deportivos. A competición disputarase o sábado e o domingo.

4 de setembro de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.