publicidade hoxe

Andaina e Maratón de Montaña “Para Vós” en Xunqueira de Ambía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXunqueira de Ambía
A-
A+

A asociación ASALTAMONTES presenta unha proba deportiva que espera sexa do agrado de todos os amantes da montaña, tanto andarines como corredores.

O nome elixido, “Para Vós”, quere servir de recordatorio e conmemoración do tráxico accidente de tren de ANGROIS, ocorrido o fatídico día 24 de xullo de 2013, no cal faleceron dúas mozas do concello moi próximas ás persoas que organizan esta proba.

O percorrido elixido tentará mostrar a diversidade paisaxística dunha contorna privilexiada no que se conxuga a perfección da natureza e tradición, cun legado histórico e monumental que fai de Xunqueira de Ambía un enclave de obrigada visita.

O día 11 de outubro de 2014 (sábado) celebrarase a I Andaina e Maratón de Montaña “Para Vós”,a hora de saída da andaina será ás 8:30 h., mentres que o maratón farao ás 9:30 h. A entrega de dorsais realizarase desde 1 hora antes do comezo de cada categoría. 

A distancia total será de 42km., coa posibilidade de realizar percorridos parciais de 13 Km., 21 Km. ou 31 Km. A proba contará con varios avituallamentos, tanto de líquidos como de sólidos, así como varios puntos de control. Ao termo estará habilitado un espazo con comida e duchas dispoñibles para os participantes.

O custo da inscrición é de 10 €.

24 de setembro de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.