publicidade hoxe

Alberto Corbacho participará no concurso de triplos da Supercopa Endesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O beirado do Rio Natura Monbus Obradoiro, Alberto Corbacho, participará o sábado 27 ás 18:00 no concurso de triplos Plátano de Canarias, que se celebrará no vitoriano Buesa Area con motivo da Supercopa Endesa.

Repetidor na competición, o mellor triplista da liga durante dúas tempadas consecutivas foi eliminado o pasado ano polo xogador do Real Madrid Jaycee Carroll en semifinais. Agora, Alberto tentará resarcirse ante o propio Carroll, así como ante os demais participantes que comparten con el categoría: Álex Abrines (F.C. Barcelona), Danilo Andjusic (Bilbao Basket), Jimmy Baron (Montakit Fuenlabrada), Davis Bertans (Laboral Kutxa Baskonia) e Romain Sato (Valencia Basket Club).

Tamén participará no concurso o actual campión, Josh Ruggles, xogador estadounidense de 17 anos pertencente ao instituto de secundaria Wheaton Academy, que nesa anterior edición foi convidado tras dar a volta ao mundo mediante as redes sociais cos seus vídeos encestando desde 6.75 metros.

17 de setembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.