publicidade hoxe

Aberta a solicitude de 400 prazas para as actividades do Lugoteando en Vilalba, Lugo e A Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLugoLugoVilalba
A-
A+

Aberta a solicitude de 400 prazas gratis para o Lugoteando esta semana en Vilalba, na cidade de Lugo e na Fonsagrada. A inscrición pode facerse en www.deputacionlugo.gal e no 982-260-147. Paddle surf, gyroboard ou bolas acuáticas son algunhas das actividades acuáticas e terrestres, que se poderán practicar a custe cero na Madgalena, nos Robles e na Praza do Concello fonsagradino entre o venres e o domingo.

O calendario é o seguinte:

– Vilalba, complexo da Magdalena, venres 5 de setembro (100 prazas)
– Lugo, área recreativa dos Robles, sábado 6 de setembro (100 prazas)
– Lugo, área recreativa dos Robles, domingo 7 de setembro (100 prazas)
– A Fonsagrada, Praza do Concello, domingo 7 de setembro (100 prazas)

Só no caso de quedaren prazas libres, os interesados poderán inscribirse antes de comezar as actividades, no propio lugar de celebración. Terán prioridade as persoas anotadas previamente. Os menores de idade deberán presentar unha autorización firmada polos pais ou titores.

500 participantes

O organismo provincial leva o Lugoteando a Vilalba, á cidade de Lugo e á Fonsagrada logo de facelo a Guitiriz, Burela, O Valadouro, O Incio e Á Pobra do Brollón, onde participaron gratis 500 persoas. Deste xeito, a Deputación achega o Lugoteando a todas as zonas da provincia (Sur, centro, Costa e Montaña), sendo, no seu conxunto, un total de 800 prazas ofertadas a custe cero. Esta é a 5º edición desta programación, coa que a institución aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando potencia o ocio medioambiental e o turismo, ó tempo que contribúe a impulsar negocios lucenses de diferentes sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando así a fixar poboación.

1 de setembro de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.