publicidade hoxe

A Veiga acolle unha xornada de astroturismo o 26 e 27 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaCalendario
A-
A+

O Concello da Veiga acollerá o 26 e 27 de setembro a “I Xornada de astroturismo “Trevinca, montañas de estrelas”.

Na primeira xornada, o 26 de setembro, está prevista unha observación astronómica avanzada “O Ceo de Trevinca” a partir das 21.00 h; mentres que para o 27 de setembro resérvase o cheo da programación que comezará ás 10.30 h. co coloquio “A astronomía na cultura popular e nas tradicións” a cargo de Óscar Blanco. Seguidamente, ás 11.15 h. terá lugar o coloquio “Astrofotografía de paisaxe” da man de Daniel Lois e Antonio Martín. Ás 11.45 está prevista unha observación solar a través de telescopio para chegar á pausa do xantar cun obradoiro avanzado de retoque astrofotográfico.

Pola tarde, ás 16.00 h. será o momento de coñecer as Terras de Trevinca cunha visita á Cántara da Moura para finalizar a xornada cunha observación astronómica avanzada a partir das 21.00 h.

A inscrición é de balde e podese realizar no 988350130 ou escribindo a turismo.aveiga@gmail.com

10 de setembro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.