publicidade hoxe

A veciña da Laracha Josefa Velo celebra o seu 102 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Aniversario de Josefa Velo

Aniversario de Josefa Velo

Dona Josefa Velo Amor celebrou o seu 102 aniversario na vivenda do lugar de Curros (parroquia de Soandres) na que reside con María (filla), Manuel (xenro) e Ángel (neto).

Nesta data tan especial, Josefa estivo acompañada tamén polos demais familiares como a súa irmá Aurora, os outros dous netos e os tres bisnetos.

Así mesmo, recibiu as felicitacións de amigos e veciños. Entre eles, o sacerdote da parroquia de Soandres, D. Manuel Mallo, e tamén do alcalde, José Manuel López Varela que, tal e como é habitual, agasallou á señora Josefa cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome do Concello da Laracha.

Josefa Velo é a segunda persoa de maior idade das case 11.500 que residen no Concello da Laracha. Actualmente son cinco os veciños do municipio que superan os cen anos de idade.

30 de setembro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.