publicidade hoxe

A Sociedade Ximnástica comeza o calendario de millas con dúas vitorias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalCangasDeportesPontevedra
A-
A+

Cangas deuse a coñecer no calendario de millas urbanas, coa celebración da primeira edición da “Milla Urbana Festas do Cristo”. A acollida por parte dos atletas foi moi boa cunha ampla participación nas carreiras celebradas das diferentes categorías.

A Sociedade Ximnástica estivo presente na vila pesqueira, conseguindo significativas vitorias, se nas carreiras para os máis pequenos, os irmáns Pedro e Carolina Santos, levaron a vitoria nas súas categorías; na carreira elite, Matilde Acuña subiu todo o máis alto do podio na categoría feminina.

Sanxenxo disputou a décimo quinta edición da súa milla popular, como sempre o paseo de Silgar foi un magnífico escenario para que os corredores disputasen os 1.609 metros do percorrido, con ampla presenza de público que animaron a todos os corredores.

Os atletas da Sociedade Ximnástica tiveron un gran papel, os irmáns Santos deron un bonito espectáculo nas carreiras de benxamíns e alevíns; Fernando Rial impúxose na categoría cadete masculino, Jorge Puig non foi menos e gañou na categoría júnior masculina, e a guinda do pastel púxoa Víctor Riobó gañando a proba elite masculina.

Neste inicio do calendario de millas tanto Matilde como Víctor están a pór o listón moi alto para a Sociedade Ximnástica nas seguintes carreiras.

Robertas Geralavicius e Francisco Sánchez subiron ao podio na carreira popular da Pobra

Até A Pobra do Caramiñal, desprazáronse os atletas da Sociedade Ximnástica, Robertas Geralavicius e Francisco Sánchez para participar na sexta edición da súa carreira popular.

A carreira de algo menos de 8 quilómetros contou cunha boa participación. Os atletas da Sociedade Ximnástica estiveron desde o inicio no grupo de cabeza, finalmente cando se empezou a decidir o podio cederon un pouco, pero soamente o primeiro posto, entrando en meta en segunda posición, Robertas e en terceira, Francisco Sánchez.

Unha gran alegría o terceiro posto de Francisco, que non se prodigou moito ao longo do ano e que agora empezamos a velo nas primeiras posicións das carreiras, esperemos que o refacho continúe nos próximos meses.

A carreira tamén serviu para lembrar que o próximo 19 de setembro A Pobra celebrará a 55 edición da súa Milla Urbana, unha das máis importantes do calendario galego.

2 de setembro de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.