publicidade hoxe

A reserva de biosfera implica ás grandes empresas da área metropolitana no seu plan de acción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo logra a implicación das empresas máis potentes da área metropolitana para apoiar á reserva da biosfera. Onte reuníronse, no castelo de Santa Cruz, representantes de 14 empresas e institucións co presidente da reserva, José Antonio Santiso, e persoal técnico, nunha xornada organizada polo Ceida.

Os responsables das empresas ofreceron unanimemente a súa disposición para colaborar co plan de acción das Mariñas Coruñesas, que lles foi presentado no transcurso da reunión. Este plan marcará as actuacións e obxectivos a seguir nos próximos anos.

Esta intención de contribuír ao avance da reserva de biosfera traducirase na convocatoria de novas reunións deste grupo para concretar as liñas de colaboración específicas.

Estiveron presentes grandes empresas como Inditex, Gadisa, Repsol ou Begano. E entidades como a Fundación Paideia, Juana de Veiga ou Emalcsa.

Santiso mostrouse tras a reunión “moi satisfeito” coa implicación e motivación mostrada polas empresas coa reserva. “Temos claro que se poden levar a cabo moitos proxectos comúns que axudarán a que esta figura tan ilusionante da reserva de biosfera teña éxito”, sinalou.

O presidente agradeceu a responsabilidade ambiental das empresas e espera que este grupo de traballo increméntese con máis firmas que colaboren coa reserva.

25 de setembro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.