publicidade hoxe

A Policía Local de Ferrol informa das limitacións de aparcamento por pintados e sinalizacións viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xefatura da Policía Local de Ferrol informou esta mañá sobre as rúas do centro da cidade que verán restrinxido o seu estacionamento durante as xornadas de mañá mércores e pasadomañá xoves con motivo dos traballos de pintado e sinalización viaria previos á implantación da nova Ordenanza de Regulación do Estacionamento (O.R.E). A planificación realizada polo corpo de seguridade municipal está suxeita a cambios en función das necesidades operativas e das condicións climatolóxicas.

Así as cousas, e segundo o calendario de actuación facilitado esta maña pola Policía Local, na xornada de mañá mércores, día 1 de outubro, haberá restricións de estacionamento nas seguintes rúas: Españoleto con Velázquez, San Amaro, Pardo Baixo, un tramo da rúa Irmandiños con Cantón de Molins así como da rúa Lugo con Praza do Callao. 

En canto á xornada de pasado mañá, xoves día 2, as previsións de traballos de pintado e sinalización viaria afectará ao estacionamento en:

– rúa A Coruña, os tramos comprendidos entre Doutor Fleming e Pardiñas, e entre as rúas Sol e Igrexa.

– rúa María, entre A Coruña e Terra.

– rúa Magdalena, o tramo entre as rúas Coruña e Rubalcava.

– rúa Real, dende a rúa Terra a Rubalcava.

– rúa Igrexa, entre Concepción Arenal e Rubalcava.

– rúas Concepción Arenal e Terra, no treito entre as rúas Sol e Igrexa.

– E rúa Concepción Arenal, entre Sol e Doutor Fleming. Concretamente, no tramo de estacionamento situado fronte ao Centro Cultural Torrente Ballester.

Dende a Xefatura da Policía Local de Ferrol insístese en que a planificación relatada está suxeita a posibles cambios en función das necesidades do servizo e das condicións climáticas. Así mesmo, sinálase que o estacionamento en superficie nas zonas afectadas pola actuación se irá reestablecendo conforme se vaia completando o pintado.

30 de setembro de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.