publicidade hoxe

A nova edición da Feira do Moble da Estrada abrirá as súas portas co 100% do espazo ocupado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaCalendarioLocal Portada
A-
A+

Os seis pavillóns do recinto feiral estradense, abrirán ao público cun 100% do seu espazo ocupado. 26.000 m2 de espazo expositivo, darán cabida ás novidades sectoriais do momento. A Consellería de Educación, Axencia Galega de Turismo, Consellería de Traballo, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, IGAPE e a Universidade de Vigo, son as colaboradoras no programa de xornadas técnicas desta edición. Madeira, mercadotecnia, comercio e novas tecnoloxías, son as temáticas sobre as que virarán os diferentes relatorios. A asistencia é gratuíta a todas elas, previa inscrición.

Cando faltan apenas quince días para a celebración da XXVIII Feira do Moble de Galicia os seis pavillóns do recinto feiral abrirán ao público ao 100% da súa ocupación.

Máis dun centenar de firmas directas e máis 250 indirectas, serán as encargadas de seducir ao público coas súas propostas, novas liñas, deseños exclusivos, tendencias e materiais, serán as variables que definan a esta nova edición.

Durante os días que dura o evento terán lugar as seguintes xornadas técnicas:

-Luns dia 22 : “A formación en madeira e moble: Os novos cambios lexislativos” impartida pola Conselleria de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria.

-Martes dia 23 :pola mañá  “Atención ao cliente “ impartida pola Axencia Galega de Turismo e pola tarde “Cooperamos?-Xornada de cooperativismo para a xuventude” impartida pola Conselleria de Traballo e Benestar.

-Mércores dia 24: “Sistema de xestión empresarial ERP Eneboo. Mellora a xestión dos teus procesos produtivos da man do software libre” e “Achégate aos novos clientes da man de internet. Deseña unha boa estratexia de venda e mercadotecnia e abre a túa tenda en liña” impartida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

-Xoves dia 25: As axudas e servizos para a internacionalización”, impartida polo IGAPE.

-Venres dia 26: “Dez exemplos innovadores do uso da madeira na construción”impartida pola Universidade de Vigo

A participación no programa de xornadas técnicas é totalmente gratuíto, recibindo os asistentes ás mesmas un certificado de asistencia , é necesario realizar unha inscrición previa . A ficha de inscrición esta dispoñible na nosa páxina web www.feiradomoble.com e unha vez cumprimentada, deben remitila por mail a fecae@feiradomoble.com , por fax ao 986573761 tamén poden inscribirse ou chamando ao teléfono 986 – 573406

A formación, é o alicerce básico sobre o que se sustenta a competitividade empresarial e neste ámbito é onde cobra especial interese o deseño de devandito programa.

3 de setembro de 2014 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.