publicidade hoxe

A Fundación Azkar inicia as xornadas de traballo no Centro Penitenciario de Monterroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterroso
A-
A+

No día de hoxe tivo lugar a rolda de prensa previa á xornada de traballo que a Fundación Azkar impartirá no Centro Penitenciario de Monterroso mañá martes 30 de setembro. Esta actividade lévase realizando dende o ano 2002 sen interrupción.

No acto de presentación asistiron o Subdelegado dp Goberno en Lugo,  D. Ramón Carballo, o Director do Centro Penitenciario de Monterroso,  D. Antonio Rivera, a Subdirectora de Tratamiento de dito centro Dª. Elvira Fernández, ademáis de D. Ovidio Pérez, secretario de Azkar Lugo FS e D. Iván Pico, Xerente da Fundación Azkar.

A xornada de mañá está enmarcada dentro dos obxectivo de reinserción social que se marca a Fundación Azkar e contará primeiramente cunha sesión formativa sobre  hábitos de saúde e actividade físico no propio centro penitenciario para todos os reclusos do mesmo e posteriormente o primeiro equipo de Azkar Lugo FS xogará un partido de fútbol sala amizable contra unha selección de reclusos para acercar aos internos á vida exterior e covinvir con eles no afán da súa recuperación para a sociedade a través do deporte.

29 de setembro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.