publicidade hoxe

A Feira da Cervexa Artesá ofrecerá en Ourense a degustación de máis de 50 tipos de cervexa galega, concertos e concursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A Alameda acollerá esta fin de semana a segunda edición da Feira da Cervexa Artesá galega, entre o venres 19 e o domingo 21 de setembro. Organizada pola Asociación de Cervexeiros Artesáns en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Ourense, ofrecerá a posibilidade de degustar máis de 50 tipos de cervexa galega.

Así, a partir das 18 horas do venres haberá, ademáis de cervexa, unha ampla variedade de actividades, coma concertos, maridaxes, concursos ou charlas.

O principal obxectivo da actividade é dar a coñecer entre a cidadanía un produto elaborado de xeito artesanal, e profundizar na cultura desta bebida. A entrada será gratuíta, cos seguintes horarios: venres entre as 18 e as 00 horas, sábado entre 12 e as 00 horas, e domingo entre as 12 e as 23:30 horas.

Programa completo e horarios das actividades:

Venres, 19 de setembro:

18 horas: inauguración.

20:30 horas: concerto de “Yomelo Montosolo”

22 horas: concurso á etiqueta máis orixinal da Feira.

22:30 horas: concerto de “The Covers Band” (versións dos 60, 70 e 90)

Sábado, 20 de setembro:

12 horas: apertura.

13 horas: curso de elaboración de cervexa artesá -gratuíto, máximo de 20 persoas-.

21:30 horas: concurso da mellor cervexa da Feira.

22 horas: concerto, “Thetetas Van”.

Domingo, 21 de setembro:

12 horas: apertura.

13:30 horas: maridaxe de queixos galegos con cervexa artesá.

20:30 horas: concerto, “Blue Monk”

23 horas: entrega de premios dos concursos á mellor etiqueta e mellor cervexa artesá

23:30 horas: clausura da Feira.

17 de setembro de 2014 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.