publicidade hoxe

A construción de dous muros de contención e mellora dunha pista en Mondariz contará cun investimento de 50.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra investirá máis de 50.000 euros en dúas actuacións orientadas a mellorar a seguridade en varios puntos do municipio. Trátase, concretamente, da mellora dunha pista municipal no lugar de Aboal e da construción dun muro de contención na Costa e outro no Regueiro, actuacións incluídas no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

No que respecta á pista de Aboal a Deputación financiará esta actuación cunha subvención concedida ó Concello por un importe de 23.356,88 euros. Os traballos incluirán a sinalización horizontal e vertical da estrada, así como o balizamento con barreiras de seguridade flexibles, con protección para motociclistas, e a instalación de bandas redutoras de velocidade.

Pola súa banda, a construción de muros de contención contará cunha achega da Administración provincial de 27.692,57 euros.

As obras implicarán o levantamento dun muro de contención na Costa, na parroquia de Frades, cunha lonxitude de 26 m e unha altura comprendida entre os 1,7 e os 2,9 m; realizarase en cachotería granítica.

Construirase con este mesmo material o muro do Regueiro, en Riofrío, cunha lonxitude de 42 m e alturas comprendidas entre os 2 e os 4 m, dependendo da zona.

30 de setembro de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.