publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A ADR Terras do Deza pecha a convocatoria de axudas tras recibir un aluvión de solicitudes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaDozónLalínPontevedraRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

O novo presidente da ADR Terras do Deza, Luis López Diéguez, presidiu a xunta directiva celebrada o pasado martes nas instalacións que a asociación ten no Polígono Lalín 2000.

Entre os puntos tratados aprobouse un novo proxecto, unha Fábrica de penso destinada a autoconsumo, promovido por Cárnicas do Deza, quedando en reserva por se se asignasen novos fondos no ano 2015.

Ademais informouse das actividades que se están levando a cabo pola participación do grupo nos proxectos de cooperación interterritorial Interritmos e ASGAIA Innovación. Así pois, no marco do proxecto Interritmos, o pasado día 12 celebrouse un evento de peche do mesmo na Coruña, e que clausurou o Subdirector de AGADER, Javier Branco, un encontro entre profesionais da música tradicional de Galicia, Cantabria, Castela e León, Estremadura e Andalucía. Este proxecto no que vén traballando desde fai catro anos, permitiu gravar un dobre disco cos gañadores dos 12 certames musicais organizados nas distintas comarcas e no que se pode escoitar unha interpretación dos grupos gañadores do Deza, Varacuncas de Rodeiro e de Pao de Buxo de Silleda. Outra das actividades desenvolvidas foi a de participar cunha caseta no Festival da Luz que se celebrou en Boimorto os días 13 e 14 deste mes.

Co proxecto ASGAIA, irase á feira AGROPEC de Xixón, os próximos días 26 ao 28 de setembro e nela exporán os seus produtos industrias agroalimentarias da nosa comarca.

Ademais deuse conta dos proxectos presentados até a data, así como dos fondos dispoñibles, resultando que están comprometidos todos os fondos do ano 2014 e practicamente todos os do 2015, quedando en reserva un gran número de proxectos que, até a data non dispoñen de orzamento. É por iso que a xunta directiva tomou a decisión de pechar a convocatoria a espera de que se resolvan os que xa están en curso.

Con este traballo desenvolvido polo equipo técnico durante este último ano, cúmprense con fartura os obxectivos que persegue o grupo, por unha banda a dinamización da economía local e a creación de emprego e, por outro a mellora da calidade de vida dos veciños da comarca.

17 de setembro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.