publicidade hoxe

Xornada de educación vial en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Participantes na xornada de educación vial

Participantes na xornada de educación vial

O pasado martes 26 de agosto desenvolveuse, na localidade de Curtis, unha xornada de educación vial destinada a rapaces e rapazas de tres a doce anos. Entre os participantes atopábanse os nenos e nenas do Programa de Conciliación da Montaña Coruñesa, programa desenvolvido gracias á colaboración da Deputación da Coruña.

A través da proxección do video “Os sinais, os teus amigos” os nenos e nenas aprenderon a identificar os distintos sinais de tráfico, o seu significado así como da importancia do seu respecto tanto cando van como peatóns como en bicicleta.

Finalmente tomaron conciencia da necesidade de leva-lo casco cando se desprazan neste medio e da importancia da súa correcta colocación. Os mesmos contidos foron dirixidos ó público de menor idade a través da proxección do conto interactivo “A araña Malena”. Finalmente na nave do Recinto Ferial instalouse un parque infantil de educación vial no que os nenas e as nenas simularon, coas suás bicicletas e patinetes, o percorrido polas rúas dunha pequena localidade.

Para a organización deste evento contouse coa colaboración do persoal da Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio de Interior, quen deu unha pequena charla trala proxección dos materiais audiovisuais, da Autoescuela San Martín, para a montaxe do circuito de educación viaria, do persoal do Grupo de Emerxencia Municipal do concello, quen explicou ós participantes en qué consiste o seu servizo, e do persoal voluntario participante no Programa de Voluntariado Galego financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

26 de agosto de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.