publicidade hoxe

Villaoscura celebra as Festa dos Remedios o 6 e 7 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra a Nosa Señora dos Remedios os días 6 e 7 de setembro en Villaoscura. A novena terá lugar o venres 29 de agosto.

O día 6 de setembro haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra Colores, quen se encargará tamén de amenizar a verbena da noite.

O día 7 de setembro haberá misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra D’Noche. Tamén será esta Orquestra a que protagonice o baile da noite.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a participar na celebración, así como a todos os visitantes que se atopen pola zona.

28 de agosto de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.