Uns corenta expositores daranse cita en Bande na Feira Mostra de Productos Endóxenos
Un ano máis preto de corenta expositores daranse cita os días 12 e 13 de agosto durante a celebración dunha nova edición da “Feira Mostra de Productos Endóxenos”. Na praza da Constitución de Bande en horario ininterrompido de 12:00h. a 24:00h. (día 12) e de 9:00h. a 24:00h (día 13). Artesanía, gastronomía, productos locais, información turística, zona de pinchos.
A inauguración será o día 12 ás 12:00h. na mesma praza.
De novo este ano a presenza de expositores provenientes doutros concellos e incluso de Portugal amplían a oferta presentada.
Nestes días tamén se desenrolarán os seguintes actos:
12 DE AGOSTO
Na praza da Constitución ás 20:00h. “Migallas teatro” realizará o espectáculo “merenda con pan de millo”, onde se conxugan teatro e danza.
13 DE AGOSTO
ATRÉVETE E XOGA CONNOSCO
Na rúa San Roquea partir das 17:00h xogos de auga e fariña. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador.
ESPECTÁCULO TECNOMAXIA
Na praza da Constitución ás 20:00h. “Mago Richard”.
Entrada de balde.
Relación de expositores confirmados:
- Información Concello de Bande
- Camariñas Carmen.- Traballos a man
- Mª. Araujo – pintura e restauración
- Arte do monte.- Pezas en madeira moldeadas pola natureza e tratadas.
- Sandra Luzía – manualidades Celanova
- Licores da Baixa Limia.
- S.D. Bande.
- António Carvalho Días.- Antigüidades, restauración de mobles.
- Aliados.- Bolsos, broches, bixutería.
- Pan do Demo.- Venda de cogomelos.
- www.facendaoagro.com / Galeguesas.
- Night Bodegón.
- Félix.- Artesanía en pedra.
- Paulo Neves Pires.- Téxtil en liño.
- Mel da Fraga.
- Arte Pepa.- Artesanía téxtil, traballos madeira.
- Elisa.- Artesanía téxtil.
- Xoán.- Coiro, cestería.
- Armenia.- Patchwork.
- Trisquel.- Pirograbado cristal.
- La Despensa de Milmanda.- Productos elaborados con mel.
- Casa Neiras.- Embutidos.
- Comisión de Festas de San Roque.
- Etel Bande, fotografía.
- Kira original.- fundas gaita, traxe tradicional.
- Rincón da tía María.- pintura en cerámica e vidro.
- A arrancadeira.
- O recuncho.
- J&N complementos y regalos.- xoiería.
- Axóuxeres da lúa.
- Galletas de manteiga MICOKES.
- As amigas.
- Domingo Ribau.- traballos en madeira.
- Con moito gusto.- marmeladas.
- Feito a man.- traballos en lá, ganchillo.
- Lambetadas.