publicidade hoxe

Unha vintena de xóvenes de Touro vanse de campamento a Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Unha vintena de xóvenes de Touro gozan da vivencia do campamento nas instalacións do Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo. Iniciaron o campamento o pasado día 2 e finalizarán mañá a súa estancia estival. Os mozos e mozas, a través do programa de oferta concertada coa Xunta, participaron nesta actividade á beira do mar, que o Concello de Touro ofrece todos os veráns. A maioría dos participantes foron nenos e nenas entre dez e quince anos. O Concello de Touro achegou parte do custo das prazas concedidas.

12 de agosto de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.