publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha moza de 25 anos falece en Chantada nun atropelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha moza de 25 anos de idade, de iniciais L.V.L., faleceu o martes como consecuencia dun atropelo na localidade lucense de Chantada, segundo fontes sanitarias consultadas.

Os feitos tiveron lugar, segundo informou o 061-Urxencias Médicas, sobre as 22,00 horas, e ata o punto desprazáronse tres ambulancias asistenciais e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Chantada.

Xunto con esta moza, foi trasladado inicialmente ao Hospital de Monforte un home de 29 anos, A.B., que actualmente se atopa no Hospital Lucus Augusti.

Pola súa banda, fontes da Policía Local concretaron que o accidente sucedeu cando ambos mozos “baixaban andando” da Festa da Empanada “pola noite e sen chaleco”.

Segundo o seu relato, un coche que circulaba na mesma dirección ca eles arrastrounos” e caeron dende un paso elevado.

27 de agosto de 2014 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.