publicidade hoxe

Unha achega de 214.000 euros permitirá mellorar a estrada DP 5602 entre Negreira e Ponte Nafonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaNegreiraOutes
A-
A+

O pleno da Deputación da Coruña aprobou na última sesión levar a cabo un investimento de 213.606,77 euros para financiar as obras de humanización da DP 5602 entre o punto quilométrico 22,84 e o punto quilométrico 23,48, ao seu paso entre Negreira e Ponte Nafonso no Concello de Outes.

As obras, que se inclúen na segunda fase do Plan de Travesías Provincial do 2014, permitirán dotar de 1.050 metros lineais de beirarrúas á estrada, dos cales 535 discorren pola marxe dereita e 515 pola marxe esquerda no núcleo de Ponte Nafonso.

As beirarrúas executaranse en formigón. Tamén canalizarase con tubaxe de PVC as augas pluviais, instalaranse 15 puntos de luz para a iluminación pública e procederase á sinalización horizontal con liñas en bordes do eixo da calzada, cebreados e illotes. Finalmente,  procederase á sinalización vertical e á colocación de 54 metros de varanda para defensas. Todo iso permitirá mellorar a seguridade viaria na estrada.

4 de agosto de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.