publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un xoven resulta ferido tras caer dende un tellado en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoCulleredoPortada dereitaSucesosVedra
A-
A+
Europa Press

Un mozo resultou ferido este luns tras precipitarse dende un tellado en Vedra, municipio coruñés ao que se desprazou o helicóptero medicalizado para trasladalo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Diso informou o 112, que precisou que os feitos aconteceron na parroquia de San Xián de Sales sobre as 13,00 horas.

Á marxe deste suceso, o 112 informou de que o rebentón da roda dun camión cargado de gasóleo afectou á circulación na AP-9 á altura da localidade coruñesa de Culleredo, en dirección Santiago, sobre as 16,30 horas.

Non obstante, o condutor non sufriu ningún dano, así como tampouco a carga que transportaba.

Finalmente, tamén na AP-9, á altura de Bergondo (A Coruña), ardeu un coche por completo sobre as 15,30 horas. Tampouco neste caso houbo persoas afectadas.

11 de agosto de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.