publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Dozón de 47 anos foi detido por unha agresión sexual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil imputou a dous homes no municipio pontevedrés de Dozón en relación cunha agresión sexual. O primeiro deles foi detido como o presunto autor dos feitos, e o segundo está acusado por non socorrer á vítima nin denunciado os feitos.

Diso informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, no que precisou que a detención de C.R.C., de 47 anos de idade e veciño de Dozón, tivo lugar o pasado día 26.

Ademais, no marco desta actuación, a Benemérita imputou a outro home do mesmo municipio -J.A.F.M., de 54 anos- o suposto delito de omisión do deber de socorro. Dá a casualidade de que este home xa fora imputado recentemente por outro delito de agresión sexual a unha muller no Camiño de Santiago.

Finalmente, a Garda Civil sinalou que ambos os homes foron postos a disposición do xulgado de instrución número 1 de Lalín (Pontevedra), que os deixou en liberdade con cargos e cunha orde de afastamento para o detido.

28 de agosto de 2014 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.