publicidade hoxe

Un total de 41 veciños de Frades desafiaron á choiva na segunda edición da Ruta de Sendeirismo do Tambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes na ruta de sendeirismo

Participantes na ruta de sendeirismo

Un total de 41 de veciños e veciñas de Frades, de todas as idades, participaron esta fin de semana na ruta de sendeirismo do Tambre, unha actividade gratuíta organizada pola Asociación de Veciños “Os Pasos” de Aiazo en colaboración co Concello de Frades. Os sendeiristas completaron un roteiro de 12 quilómetros entre Brates e a área recreativa dos Pasos, no que estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Agustín Sánchez.

A ruta comezou na Ponte Brates, unha bonita paraxe que separa aos municipios de Frades e de Boimorto e que contan cos muíños de Couso, que aínda conservan a pedra de moer o gran. Tres quilómetros despois, a expedición cruzou a aldea de Sanamil ata a presa da Fraga, onde a cincocentos metros se sitúa a Ermida de San Paio (1907).

O sendeiro continuou a carón do río Tambre, dende onde os sendeiristas tiveron unha boa panorámica do río e das distintas especies arbóreas que o jalonan: ameneiros, salgueiros e algún que outro freixo. Tras pasar a praia fluvial de “A Presa” (Pontecarreira), a expedición finalizou o seu camiño na área recreativa “Os Pasos” (Aiazo).

4 de agosto de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.