publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un motorista de 76 anos, ferido grave tras colisionar cun tractor en Sarreaus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSarreausSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 76 anos de idade tivo que ser trasladado en helicóptero a Ourense tras colisionar, coa súa moto, contra un tractor agrícola na localidade ourensana de Sarreaus.

   Diso informaron a Garda Civil e o 061, que apuntaron que o ferido grave se trata de Miguel G.F. e que foi trasladado ao Hospital Cristal.

   Pola súa banda, o 112 concretou que os feitos tiveron lugar na estrada que une Sarreaus con Vilar de Barrio, no lugar de Folgoso, pasadas as 13,00 horas.

   Tras a chamada de alerta de varios particulares, o 112 mobilizou a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Sarreaus, mentres que o helicóptero do 061 aterrou no lugar do accidente para proceder á evacuación do ferido.

19 de agosto de 2014 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.