publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home foi imputado en Portomarín como presunto autor dun incendio forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaPortomarínSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil imputou este xoves a un veciño do concello lucense de Portomarín, de 45 anos, como presunto autor dun delito de incendio forestal.

Segundo explicaron os axentes, o incendio do que se lle acusa produciuse o 4 de agosto na parroquia de Gonzar, en Portomarín, e afectou a varias hectáreas de piñeiros e pasteiro.

Axentes do servizo de protección da natureza da Comandancia da Garda Civil de Lugo iniciaron entón unha investigación das  posibles causas e a súa autoría, dando como resultado que o incendio se produciu como consecuencia dos labores de segado da herba con maquinaria agrícola.

O presunto autor non se axustaba á normativa sectorial ditada en prevención de incendios forestais na comunidade autónoma de Galicia.

8 de agosto de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.