publicidade hoxe

Un grupo de veciños de Frades descobren a natureza e a gastronomía da Ría de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Veciños de Frades participantes na excursión

Veciños de Frades participantes na excursión

Un grupo de veciños e veciñas de Frades tiveron ocasión de coñecer a Ría de Arousa nunha excursión organizada polo Concello. A viaxe levounos primeiro á illa da Toxa, para despois efectuar un paseo en catamarán desde O Grove pola ría. E despois do xantar, tiveron tempo aínda para coñecer Combarro e pasear polo seu conxunto histórico e artístico de gran valor patrimonial.

Por outra parte, o Concello de Frades ten programada outra excursión ao cantábrico entre o 19 e o 21 de setembro. A viaxe percorrerá diversos puntos de Asturias e de Cantabria, deténdose especialmente no Parque da Natureza de Cabárceno. Nesta viaxe poden participar persoas de todas as idades, aínda que os menores de idade deberán ir acompañados. O prazo de inscrición permanece aberto na casa consistorial ata o 5 de setembro. O Concello subvencionará o 30% do custo final da actividade.

12 de agosto de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.