publicidade hoxe

Trives homenaxea a Julio Vázquez bautizando co seu nome a Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O Concello da Pobra de Trives dedidiu que a Casa da Cultura leve o nome do ilustre mestre da vila, Julio Vázquez. A partires de hoxe o espazo público adicado á cultura e ao lecer coñecerase como Auditorio Julio Vázquez en homenaxe a un veciño que viviu e traballou en Trives e que se identificou coas mellores aspiracións de todos e todas os triveses e trivesas.

A decisión municipal recolle a aspiración da inmensa maioría da cidadanía de honrar a un home bo e xeneroso que loitou a prol da convivencia e polo desenvolvemento e progreso educativo, social e cultural.

Julio Vázquez non só fundou o Museo da Escola e da Infancia, donando os materiais necesarios para convertir a institución nun centro referente do país, senón que entregou xenerosamente o seu maxisterio, e despertou a conciencia crítica e de cidadanía militante no seu alumnado para tratar de construir unha vila máis próspera e coa ambición permanente de conquerir maior xustiza social.

A cidadanía de Trives agradece o compromiso cívico, ético e político de Julio Vázquez e co seu nome inviste solemnemente o edificio das artes e da palabra.

O acto de homenaxe farase situados no presente pero arroupados pola memoria. Son máis dos que parece porque ao carón están todos os que xa non están fisicamente. Recordar convértese hoxe nunha afirmación de presente e nun xeito definitivo de compromiso cun futuro posible.

26 de agosto de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.