publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres persoas feridas en dúas colisións múltiples en Mondariz e Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoMondarizPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres persoas resultaron feridas como consecuencia de dúas colisións múltiples rexistradas este mércores nos municipios de Mondariz (Pontevedra) e Arteixo (A Coruña).

A primeira das colisións tivo lugar ás 19.20 horas do mércores no lugar de Villarrodís, en Arteixo, onde chocaron tres vehículos que circulaban pola Avenida Manuel Platas Varela.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local e do servizo municipal de Protección Civil, así como servizos sanitarios de urxencia, que trasnadaron a un centro sanitario a unha persoa ferida.

Posteriormente, pasadas as 21.30 horas, tres vehículos colisionar na estrada N-120 á altura de Vilasobroso, en Mondariz (Pontevedra).

No lugar do suceso compareceron efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento de estradas. Urxencias Médicas 061 trasladou a un centor hospitalario a dúas persoas feridas.

7 de agosto de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.