publicidade hoxe

Touro celebra este domingo o seu XXII ‘Encontro dos Maiores’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro celebrará o vindeiro domingo, día 10 de agosto, o seu XXII Encontro dos Maiores. A cita, dirixida aos maiores de 60 anos do concello de Touro, celebrarase nesta ocasión na parroquia de Touro. Ese mesmo día o Concello organiza unha xornada de portas abertas para que os veciños e veciñas coñezan as novas instalacións da Casa de Cultura e do novo Punto de Atención á Infancia (PAI).

A Festa dos Maiores terá lugar o vindeiro domingo nas instalacións situadas nas proximidades da Casa de Cultura e o PAI. Alí instalarase unha carpa que albergará o evento. Haberá misa campestre, xantar e música, como de costume. 

A Casa de Cultura de Touro, recentemente finalizada, está situada nunha zona de lecer onde tamén está localizada a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta zona tamén está situado un pequeno edificio que acollerá o novo centro social. A empresa encargada do proxecto da Casa de Cultura xa entregou as chaves ao Concello de Touro, que á volta de agosto procederá a dotalo de mobiliario. O edificio do PAI, encostado á Casa de Cultura, tamén está finalizado. O Concello asegura que poderá estrearse co novo curso. Os veciños e veciñas poderán coñecer ambas as instalacións dos novos edificios o día 10.

A xornada do próximo domingo servirá para ocupar o tempo dos maiores, fomentar a súa participación en actividades de lecer e cultivar as relacións entre as persoas dunha mesma idade. O Departamento de Servizos Sociais de Touro presta especial atención a este colectivo da poboación, xa que os maiores de sesenta anos representan en torno ao 25% dos habitantes do Concello.

Na xornada de celebración do próximo domingo haberá unha misa campestre, música e ‘xantar. Os asistentes serán premiados, como xa é tradicional, co recoñecemento ao home e a muller de maior idade do Concello de Touro. A celebración finalizará ás 19.30 horas.

8 de agosto de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.