publicidade hoxe

Soutomaior inaugura a XIX Mostra de Artistas da Bisbarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Algunhas das obras expostas

Algunhas das obras expostas

O Castelo de Soutomaior acolle un ano máis a “Mostra de Artistas da Bisbarra” organizada pola concellería de Cultura do Concello. Unha exposición que, alcanza este ano a súa XIX edición, converteuse en todo un clásico na programación cultural do municipio. O certame inaugurouse onte coa presenza da Concelleira de Cultura, Dolores Cernadas, e o artista convidado deste ano, Rafa Prieto.

Durante o acto de inauguración, a edil de Cultura, destacou a cantidade, calidade e variedade das obras expostas,“máis de 30 obras que reflicten o potencial creativo da comarca”. Así mesmo agradeceu ao autor convidado deste ano a súa presenza na mostra así como a colaboración mostrada un ano máis pola Deputación de Pontevedra cedendo as instalacións do Castelo. “Esculturas, pinturas e fotografías son o resultado da escena artística reunida e exposta nas instalacións da nosa maior referencia histórica, o Castelo de Soutomaior, arte sobre arte, modernidade sobre antigüidade”, comentou a edil.

Entre os artistas atópanse, desde afeccionados á pintura ou a escultura, novas licenciados en Belas Artes que pretenden abrirse camiño na profesión, até artistas xa recoñecidos como o invitado deste ano, o pintor pontevedrés Rafa Prieto. As técnicas e materiais empregadas en cada obra varían e xunto á pintura, pódense observar fotografías, gravados e esculturas en pedra, ferro e madeira.

12 de agosto de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.