publicidade hoxe

Rocío Mosquera insiste en que o caso do despido da celadora embarazada é normal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Europa Press

 Rocío Mosquera respostou á pregunta realizada polos xornalistas acerca do caso da celadora apartada das listas do Sergas por estar embarazada, Mosquera repetiu que é un caso “normal”, xa que “non está en condicións” de desenvolver o traballo. Trátase dunha “prevención de risco da propia traballadora” e, por iso, “non se “pode formalizar” o contrato.

   “Paréceme que se están a sacar as cousas de contexto”, criticou a conselleira de Sanidade, “sobre todo cando se está a acusar” de que isto é unha “discriminación sexista e machista”. Non obstante podería acontecer “en moitas outras ocasións”, xustificou.

   Para “non se centrar no tema do embarazo”, Mosquera comparou este caso co de “calquera traballador que estivese nas listas e tivese un brazo roto”, xa que nesta situación o traballador “non podería desenvolver o seu labor”, da mesma forma que a muller embarazada, e “tampouco se formalizaría o contrato”.

22 de agosto de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.