publicidade hoxe

Ribadeo convértese en referente no sector da automoción co III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugoRibadeo
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia –APAGA-, Álvaro Doural, presentaron este venres na vila de Ribadeo o III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e a II Mostra e Feira de Vehículos Clásicos, que terá lugar entre os días 27 e 31 de agosto nas inmediacións do Hotel O Cabazo.

No acto de presentación, Méndez destacou que “esta iniciativa enmárcase dentro da aposta de Deputación por fomentar as profesións con máis saídas laborais e favorecer a inserción profesional na  provincia. Este foro é unha oportunidade económica única para a Mariña e a provincia”. Nesta liña, a Vicepresidenta engadiu que “os cinco días que dura este evento contribúa a dinamizar a economía local, xa que logra reunir moitos interesados no munto do motor procedentes de Galicia e Asturias, que durmen, comen e mercan nos negocios da toda esta zona, e mesmo axudan a crear novos nichos de emprego na provincia, coma o tecnolóxico, piar básico actual na estructura económica e social da provincia”.

O eixo principal do III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado en Ribadeo pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia –APAGA- coa colaboración da Deputación é coñecer as últimas tecnoloxías que se están a aplicar ós vehículos. O foro reunirá a profesores da familia de Transportes e Mantemento de Vehículos; profesionais do sector do automóbil; alumnos universitarios ou de formación profesional con estudos relacionados co automobilismo e aficionados en xeral, que se darán cita entre o mércores 27 ata o domingo 31 de agosto nas instalacións do Hotel O Cabazo de Ribadeo.

Programa e inscricións
Entre as actividades previstas están charlas de expertos e obradoiros sobre temas como aerografía; sistemas de comunicación no automóbil; manexo do programa informático de edición de vídeo Premier; soldadura; climatización; vehículos de competición; técnicas de primeiros auxilios en talleres de automoción; transformación a gas de motores de gasolina ou adhesivos industriais. O encontro, que ten un marcado carácter didáctico, ten como obxectivo establecer un punto de encontro entre profesorado para intercambiar experiencias, incorporar ós traballadores en activo á actividade formativa e dárlle unha oportunidade ás empresas locais do sector para presentar os seus produtos. A oferta complétase cunha mostra de vehículos clásicos e actuais da marca Ford.

O prazo de inscrición para este foro didáctico, cun custo de 30 euros, está aberto ata o vindeiro 15 de agosto na páxina web de APAGA.

O colectivo APAGA

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, un colectivo creado sen ánimo de lucro hai máis de 15 anos, pretende agrupar a todo o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos dos diferentes centros educativos de Galicia e doutras Comunidades Autónomas. A súa finalidade esencial é organizar toda clase de actividades de formacicón e información dos seus afiliados e doutros colectivos, motivo polo cal os asociados organizan este encontro, que consolida a Ribadeo como referente na formación de profesionais no sector da automoción.

11 de agosto de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.